Se tódolos camiños levan a Roma, como se sae de Roma?
Bonito anxo, María.
Que decirche que non saibas xa?
Que te imos botar moito de menos, eso xa o debes de saber, non nos cansaremos de dicilo; non nos cansaremos de dicir que fuches, es e serás a mellor, non só como profesora, senón como amiga, a cal nos levantaba a cabeza cada vez que estabamos mal, tristes ou decaídos. Grazas por ser a nosa segunda nai, por coidarnos sempre, por preocuparte por ter unha sonrisa para nós ainda que estiveses cansada, triste ou enfadada.
Por facer todo o posible para que nunca nos renderamos: esa paixón que tiñas por sacar o mellor de cada un de nós.
Dicías que nunca te deitarías sen aprender algo novo e hoxe nós aprendemos algo: a vida é demasiado curta como para non ser un mesmo, e ti, nese sentido fixéchelo moi ben, sempre sendo ti, únicamente ti. Polo teu “vamos chiquis” ao empezar a clase, ou por esas gañas de facer plans para o futuro, e nós intentaremos seguilos.
María, sempre estarás con nos “ab aeterno” e “conditio sine quae non"
Lucía Estévez Mato, Alicia Blanco Parada, Fátima Estévez Basalo e Marta Fernández Guerra (Alumnas de Latín e Grego de 2º de Bacharelato)