O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 23 de decembro de 2016

Montaxe de robots

O alumnado de TIC II vén de montar os mBots enviados pola Consellería, así como probalos vía bluetooth mediante a app Makeblock. Incluso algún se animou a introducir certas melloras no chasis para improvisar un recolledor automático.



Obradoiros contra o VIH

O alumnado do segundo ciclo da ESO participou esta semana en dous obradoiros contra o VIH, promocionados pola Cruz Vermella e impartidos por Mónica, a quen agradecemos a súa labor informativa.



Trivial de xénero

Cristina e Olaya, da asociación cultural Os Tres Reinos da Mezquita, veñen de organizar cos rapaces da ESO do noso IES, este martes 20, un trivial con preguntas referentes á igualdade de xénero, unha actividade innovadora polo seu formato e que gustou ao noso alumnado.


Premiados!

Aquí tedes ao Gonzalo e ao Christian, logo de recoller un merecido trofeo pola súa boa clasificación na V Carreira e Andaina de Nadal, celebrada o pasado 18 de decembro na Rúa.


xoves, 15 de decembro de 2016

Buscando ideas para as FCT

Carlos Ferreiro e Ovidio Villar veñen de participar no II Fórum "Ensino Profissional e Transfronteiriço 2016: Perspetivas de Cooperaçao", celebrado en Valença (Portugal) o pasado 13 de decembro, para analizar unha nova forma de xetión de empresas para a realización da FCT (formación en centros de traballo) do alumnado de formación profesional.


link ao programa

venres, 9 de decembro de 2016

Prevención

Na tarde do pasado 7 de decembro, o noso director, Carlos Ferreiro, representou ao centro nunha Xornada de Prevención do Acoso Escolar, enmarcada no evento cultural e de lecer Megaxove, 17 Salón da Xuventude, no recinto ferial Expourense da capital provincial, e organizado pola Fundación Cipri Gomes, cuxo director actuou de moderador. Xunto ao experto en ciberacoso da Garda Civil, Roberto Valente, a directora do Centro de Formación e Recursos Dolores Nieto, e ao , Carlos incidiu no diálogo e a Mediación como mecanismo de prevención de actitudes mais graves como o acoso e tamen como aprendizaxe personal e colectivo para unha convivencia axeitada. A charla coloquio tivo unha gran cobertura dos medios de comunicación e unha participación activa do público asistente. Agradecemos pois aos organizadores da Fundación Cipri Gomes a sua invitación.

mércores, 7 de decembro de 2016

Cómic ODS 2030

Os días 28 e 29 de novembro, na sede da AECID en Madrid, o IES Carlos Casares, por medio do seu director Carlos Ferreiro, participou nun proxecto didáctico de elaboración de un Cómic que pretende recoller os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, que se agrupan en torno a cinco eixos clave, denominados as 5 P, polas suas iniciais en inglés: (Planet, People, Peace, Prosperity, Partnership) ou sexa Planeta, Persoas, Paz, Prosperidade e Alianzas.


O froito debe ser un producto que sirva como guía educativa para a aula, con actividades motivadoras e interdisciplinares, e que teñas un forte carácter visual e simbólico. A maioría deses contidos (cultura de paz, igualdade de xenero, consumo responsable) son ben coñecidos e traballados no noso centro, polo que a aplicación práctica da publicación, agardemos que sexa un éxito absoluto. A principios de febrero habera unha xuntanza final para cerrar a edición, e como siempre, desexamos agradecer a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento a consideración especial que ten co noso instituto.