O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 7 de outubro de 2011

Semana de acción contra a pobreza

Viana do Bolo centra por terceiro ano o acto principal e único na provincia de Ourense

Luis Fernández - Ana M. García, Viana do Bolo. Millóns de persoas maniféstanse esta semana en todo o mundo contra a pobreza. A Alianza Española Contra a Pobreza forma parte deste movemento global que reclama un mundo no que a pobreza non exista. Galicia únese a este chamamento global e a a vindeira semana, do 10 ao 16 de outubro terán lugar na nosa comunidade as movilizacións contra a pobreza, nas catro provincias galegas. Entre ellas, Ourense estará representada polos actos que organiza o IES Carlos Casares de Viana do Bolo a través do seu grupo de voluntariado local, en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD.

A Campaña Pobreza Cero aboga por un mundo no que os gobernos cumplan as súas obligacións relativas á loita contra a pobreza, e que as persoas teñan as mesmas oportunidades independientemente de onde nazcan ou vivan. Cremos nun mundo xusto no que se respeten os dereitos humanos; as mulleres teñan as mesmas oportunidades que os homes; as persoas traballen en condicións dignas; se respete o medio ambiente e no que as relacións comerciais entre países sexan xustas.



Denunciamos as graves consecuencias que a crisis está supoñendo, especialmente para as persoas máis vulnerables. Máis de 1.400 millóns de persoas sufren pobreza extrema, o 70% mulleres, e casi 1.000 millóns sofren fame. Ante a crisis, denunciamos o mantemento dun sistema que xera desigualdades, asociado ao consumo sin límite, ao patriarcado, manexado polos mercados detrás dos cales hai persoas con grandes fortunas que fan negocios ocultos trala opacidade dos paraísos fiscais, e son capaces de especular cos alimentos sen preocuparse da fame e as mortes que provocan.

É necesario cambiar de modelo. É posible construír outro mundo, rebelarse contra a pobreza e esixir que teñamos as mesmas oportunidades, que a democracia sexa efectiva, que a participación sexa real, que a solidariedade e a igualdade estén no centro.

Por todo elo esiximos aos nosos gobernos:

- O cumplimento do Pacto Galego Contra a Pobreza, suscrito polos tres grupos da Cámara. Os fondos da Xunta de Galicia adicados a cooperación recortáronse un 48 por cento nos últimos dous anos e actualmente representan menos do 0,1 por cento do produto interior bruto galego (PIB); cando no 2010 todos os partidos políticos con representación parlamentaria comprometéronse a avanzar cara o 0,7 por cento asinando o Pacto Galego contra a Pobreza. Un  ano despois da súa sinatura son máis os retrocesos que os avances.
- Garantir o cumprimento dos dereitos humanos para homes e mulleres e o dereito a un traballo decente.
- Reflexionar sobre o noso modelo actual de produción e consumo, e reforzar os valores de solidariedade, igualdade e xustiza.
- Revisar as políticas comerciais da Organización Mundial do Comercio e da Unión Europea para que non impoñan acordos perxudiciais aos países do Sur e que se revise a débeda externa.
- Apoiar a creación dun imposto ás transaccións financeiras internacionais, a eliminación dos paraísos fiscais e perseguir a evasión fiscal, para reducir a desestabilidade e a pobreza.
- Que se adopten as medidas necesarias para loitar contra o cambio climático e se garanta a sostenibilidade ambiental.
- Reclamamos un sistema que garanta a igualdade, a solidariedade, o benestar humano, a equidade de xénero, a sostenibilidade ecolóxica, o dereito á educación, á saúde, á participación política e ao desenvolvemento pleno de todas as persoas que habitan o planeta.

Animámosvos a participar en todas as actividades programadas na Semana Contra a Pobreza. Agora máis que nunca é necesario esixir que se manteñan as políticas de loita contra a pobreza. Únete á rebelión!!

Os actos na provincia de Ourense estarán representados polo IES Carlos Casares de Viana do Bolo, e culminarán o vindeiro día 13, con teatro de rúa na Plaza Maior da vila, a cargo do grupo de teatro Talia do instituto. Serán representadas Las caras de la vida, El Pregón de Benedetti e Virgen de la Cueva. Nestas obras denúnciase a exclusión sexa pola causa que sexa e en calquer lugar do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario