O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 30 de marzo de 2012

Premio Extraordinario de ESO ao vianés Iván Borges

O alumno Iván Borges Rodríguez recibiu hoxe en Santiago de Compostela un premio extraordinario de educación secundaria obligatoria ao esforzó e superación persoal, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O acto de entrega estivo presidido por Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, e Gerardo Conde Roa, alcalde de Santiago de Compostela.

Iván Borges, acompañado polo Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. Jesús Vázquez, a Educadora Social de Viana Carmen García, o orientador do Carlos Casares Plácido Blanco e pola súa irmá Susana Borges.

Iván Borges na actualidade estuda 1º de Bacharelato no IES Carlos Casares, onde cursou toda a ESO, logo de realizar toda a primaria no CEIP Bibei de Viana. Durante os primeiros anos de vida estivo acompañado por Isabel González Domínguez, traballadora social do Concello de Viana do Bolo, como un bo exemplo da importancia que os servizos comunitarios teñen para o acompañamento humano e educativo da cidadanía. Moitas persoas son testemuña e demostración de que profesionais como Isabel ou Carmen teñen sido imprescindibles na construcción desa persoa con posibilidades reais de inserción na nosa sociedade. A cooperación de profesorado, servicios sociais e familia e, sobre todo, o esforzo, o empeño e o espírito positivo de Iván, permitíronlle chegar á meta. Non só estuda, senón que é o voluntario máis activo do alumnado, con servizos á comunidade na biblioteca do centro ou no proxecto de cooperación con Bolivia. O éxito académico acompáñase dun espírito solidario e altruista recoñecido polo profesorado e dirección do IES Carlos Casares. 

No acto, Iván estivo acompañado pola sua irmá Susana, pola educadora social do concello Carmen García, o orientador do centro Plácido Blanco e o director Luis Fernández.

De esquerda a dereita: Susana Borges (irmá), Plácido Blanco (Orientador), Iván Borges (premiado), Mercedes Gallego (Xefa Territorial de Educación en Ourense), Luis Fernández (Director) e Carmen García (Educadora Social en Viana do Bolo)

Iván, contento por resultar premiado, amosa a certificación que así o indica

Foto de familia cos premiados e as autoridades

2 comentarios:

  1. Parabéns, Iván. Que este sexa un dos moitos premios que recibas na túa vida en agradecemento á túa xenerosidade cos demais, vencendo aínda os atrancos que ás veces hai no camiño.

    ResponderEliminar
  2. Una profesora22:49, 13/04/12

    Muchas felicidades Iván por ese premio tan merecido.Sigue así y ya írás comprobando como con esfuerzo y superación personal conseguirás todas las metas que te propongas.Felicita tambien a todos que te apoyaron para conseguir este premio.

    ResponderEliminar