O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 24 de abril de 2012

Congreso de educadores

O IES Carlos Casares está a ser representado nunha Visita de Estudio organizada pola Unión Europea na cidade báltica de Parnü (Estonia). O Vicedirector, Carlos Ferreiro González participa nun intercambio de experiencias educativas, xunto a outros 13 especialistas de toda Europa, que traballarán desde o luns 23 ao venres 27 deste mes de abril, en aspectos relativos aos procesos de mellora de rendemento de cada centro e cada país, e no proceso de formación do profesorado.

Carlos Ferreiro, terceiro pola dereita, durante unha das sesións de traballo



Un momento da súa exposición
O título do curso é “O sistema de avaliación interna no modelo educativo de Estonia”. O profesorado seleccionado procede dos seguintes estados: Alemaña, Francia, Bélxica, Italia, Portugal, Reino Unido, Turquía, Rumanía, Eslovenia, Grecia, Holanda, e, por suposto, España e Estonia, como anfitriona. Para Carlos, como representante vianés, é un privilexio e un orgullo poder expor as nosas experiencias en aspectos como atención á diversidade, desenvolvemento dos contratos programa, e trataremos de insistir durante estes días, na importancia innegociable de investir na educación pública e profundizar na avaliación por competencias e no traballo cooperativo, liñas de actuación que están a levar a cabo as nacións punteiras e que acadan mellores resultados no informe PISA, otorgándolle ao ensino un papel prioritario nas súas follas de ruta como sociedade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario