O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 13 de xuño de 2012

Baile na despedida do Contrato-Programa de Reforzo

J. Fouz - P. Blanco | Hoxe 13 de xuño celebrouse a clausura do Contrato-Programa de Reforzo.  Clausurou o Director Luis, e contouse coa presencia de Luis Felipe, Xefe de Estudos; Miguel, Xefe do Departamento de Física e Química; David, Titor de PDC; Gonzalo, polo personal non docente, etc.

video

O alumnado estivo contento de  tal presencia e viviu a festa con ledicia. Xurxo, profesor de música deu a despedida cun "solo de trompeta". Houbo música, un pequeno pincho... Ata un baile de alumnado, profesorado e personal non docente. A convivencia fíxose patente nun acto no que se realtou a importancia da aprendizaxe en tolerancia. Algún, como Pepe, non quixo deixar escapar eses intres de "arte" e benfacer do Director e do Coordinador do Programa.

Galería de imaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario