O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 8 de novembro de 2012

Celebración do Samaín

Ilda L. - Lourdes V. | Onte, no IES Carlos Casares, alumnado de distintos cursos axudou a organizar o Samaín, unha festa ancestral na que se abren as portas entre o mundo dos vivos e os mortos, onde os espíritos saen dos agochos e andan a enredar... E algún debía haber esta mañá no salón de actos, porque de súpeto apagáronse as luces, acendeuse un misterioso círculo de candís, e unha procesión de figuras de manto negro e rostro pálido achegáronse ós cativos, cantando A lenda da Lavandeira. As Lavandeiras da Noite, esas mulleres que se aparecen a carón dos regatos, portando sábanas e roupas cheas de sangue, armas, coitelos e espadas ensanguentadas, e que desaparecen sen deixar rastro, premonición dunha morte ou desgraza inminente...



O  alumnado de 1ºESO xunto co de 2º asistiu á dramatización dun conto, de temática relacionada coa morte, da profesora María Varela no salón de actos. Un alumno de 1ºESO desempeñou o papel dun cacique que se viu sorprendido por ela cando o abordou a Santa Compaña.

O grupo de 1º de BAC da optativa de Música levou a cabo unha performance ó final da celebración. Aprenderon a canción na versión de Carlos Núñez e Noa, incorporaron unha percusión, caracterizáronse e idearon a posta en escena e a interpretación. Pero o máis importante é  que se implicaron nun proxecto que en principio ía destinado a 1º e 2º da ESO, favorecendo a colaboración entre distintos cursos e xeracións, tan fundamental nun centro, ¡bravo rapaces!

No remate, realizouse o conxuro da Queimada Escolar (de refresco descafeinado) entonado polas profesoras María e Lourdes, e aí rematou, por este ano, o momento máxico do Samaín".


A Santa Compaña é unha crenza mítica de fonda raigame galega na que un conxunto de ánimas vagan errantes polos camiños nas brétemas da noite. Vai encabezada sempre por un vivo que porta un caldeiro con auga bendita e unha cruz, seguido por unha ringleira de ánimas con velas acesas.O que leva a cruz só quedará liberado cando lla entregue a outro vivo. Segundo conta a lenda, nos seguintes días á aparición da tamén chamada Procesión das ánimas, haberá unha defunción no contorno da persoa que a viu.

O grupo de 1º de BAC da optativa de Música levou a cabo esta performance ó final da celebración. Aprenderon a canción na versión de Carlos Núñez e Noa, incorporaron unha percusión, caracterizáronse e idearon a posta en escena e a interpretación. Pero o máis importante é  que se implicaron nun proxecto que en principio ía destinado a 1º e 2º da ESO, favorecendo a colaboración entre distintos cursos e xeracións, tan fundamental nun centro, ¡bravo rapaces!

Galerías de imaxes: 1 2

Ningún comentario:

Publicar un comentario