O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 11 de decembro de 2012

Caminante Lipdub!

Ilda L. | Xa temos canción para o Lipdub de centro: "Caminante", de Bongo Botrako. O grupo coordinador desta actividade,o alumnado de 1º BAC da optativa de música, levou a cabo onte o reconto dos votos. Este tema musical foi o gañador, seguido de cerca por "Pan y Mantequilla", e en 3º lugar "Matinee". Gracias a tod@s por colaborar nesta primeira fase do proxecto!, agora toca familiarizarse coa canción. Aquí tendes o enlace de youtube para ver o videoclip oficial:

Despois das vacacións do Nadal empezaremos a organizar as actividades que cada grupo poderá crear para o Lipdub, xa podedes empezar a imaxinar e apuntar ideas, ¡creatividade ó poder!

1 comentario:

  1. Noraboa ao grupo gañador e a profe tamén, que tanta vida lle da a música no insti. Unha aperta.
    Luis Fernández. Bogotá

    ResponderEliminar