O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 4 de febreiro de 2013

Día da Paz 2013

Ovidio V. - José F. | A coordinadora do Equipo de Mediación Escolar do noso IES, Susana Fernández, abriu a mañá cunha reflexión que todas e todos deberiamos facer a diario: a violencia xenera violencia. En palabras do propio Gandhi, ollo por ollo e o mundo quedará cego.

Galería fotográfica completa aquí

No Salón de Actos Xesús R. Jares, que leva o nome do vianés ao que sempre lembramos na conmemoración deste día, estivemos 5º e 6º de Primaria do CEIP Bibei e os catro niveis de ESO do IES Carlos Casares. Ambos centros celebramos conxuntamente esta xornada, sobre o escenario, levando ao público a nosa forma de ver a realidade. Foi unha actividade multiformato, xa que houbo tempo para o teatro, a música e a lectura, en pequenos actos executados marabillosamente polo alumnado dos dous centros.

A paz é un concepto que non debe quedar só sobre o papel. Debe saír á rúa e mergullarse entre a xente de todo o mundo, e a xente facela súa. Non hai máis que ler un xornal ou ver un telediario para saber que nos queda moito camiño por percorrer, aínda que esta mañá realmente demos un bo paso adiante.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas a Susana polo labor que leva feito desde hai moitos anos a favor da paz, da convivencia e da resolución dos conflitos mediante o diálogo. Susana é unha vianesa que recolleu o testemuño que lle deixou Suso, outro vianés, e que o leva por todos sitios dando exemplo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas tamén a todos os que interviron no acto, especialmente aos mestres e alumnos do CEIP Bibei que viñeros onda nós para levar a cabo xuntos unha preciosa actividade.

    ResponderEliminar