O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 8 de abril de 2013

Campo a través e futbiño

Pablo C. | O derradeiro día do trimestre pasado, o alumnado do centro participou na fase local nun campionato de fútbol sala na Gudiña. O equipo da Gudiña ganou ao noso centro na categoría cadete, e o IES Carlos Casares gañou na categoría infantil. Grazas a todos por participar.


Por outra banda, O alumnado de Viana participou nos campionatos de campo a través en tres fases de competicións: o equipo cadete masculino foi á fase local, onde participaron: Iago Macía, Jonathan Macía, Borja Monteagudo e Juan Bembibre. Este dous últimos foron á fase provivial, a Ourense, onde Juan Bembibre quedou 6º e clasificouse  para o Campionato galego que se celebrou en Guitiriz. No campionato galego quedou de 25, clasificación que promete no seu primeiro ano como cadete. No campionato provincial participaron as cadetes: Irea Rodríguez Cañueto, Joëly Fernández Vuilly e Uxía Fernández Guerra. Na fase local, ademais dos citados, participou o alumnado de primeiro curso: Joëly Fernández Vuilly, Uxía Fernández Guerra e Diego Rodríguez Moya. No campionato provincial quedou primero na súa categoría o alumno Damián Anta, representando ao seu clube o A.D.A.S. Moitas gracias a este alumnado pola súa participación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario