O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 28 de abril de 2013

Encontro pola paz

Nova Escola Galega rende homenaxe a Xesús R. Jares en Viana do Bolo

No marco do XXVII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz, tivo lugar este domingo 28 de abril en Viana do Bolo, unha homenaxe a Xesús R. Jares, vianés referente a nivel internacional dos movementos de renovación pedagóxica e de Educación para a Paz, falecido en 2008.


O acto consistiu na colocación dunha placa na súa casa natal, que lembra o seu traballo a prol da Educación e en defensa da Paz, e foi descuberta pola mestra vianesa Beatriz Santos. Esta lembranza supuxo o peche das xornadas, xunto coa solta da Pomba, desde a Praza Maior, que, de xeito habitual, se ven a facer nos Encontros anuais desta organización.

1 comentario:

  1. A miña gratitude e agarimo pola vosa acollida.
    Parabens polo voso traballo!
    Marina Villamarin

    ResponderEliminar