O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 10 de xuño de 2013

Final do Luis Freire

Un ano máis o IES Carlos Casares consegue chegar á final do premio coruñés

O grupo na Domus
Un grupo de cuarto da ESO, formado por Damián, Marta, Paula e Víctor, vén de expoñer, o pasado día 8 de xuño, o seu traballo sobre millo transxénico diante do xurado do Certame de Investigación Científica na Escola "Luis Freire". Nun ateigado escenario, a sala Leonardo da Vinci da Domus, o grupo analizou a detalle o seu experimento para averiguar que millo crece antes e con mellor aspecto, o transxénico ou o natural. Como conclusións, cabe destacar que o millo transxénico ten un menor índice de perda (nacemento), pero as plantas naturais que saen adiante medran moito máis.

Este grupo, que acada a final do certame científico por segundo ano consecutivo, estivo acompañado e ben aconsellado polo grupo gañador do certame na pasada edición e que tamén forman parte de 4º B do noso IES. Non dubidamos que a chama da necesidade de investigar e saber xa está definitivamente prendida nestes rapaces e rapazas. Seguide así!

2 comentarios:

  1. Noraboa por ese premio e por chegar en dúas ocasións á fase final do premio Luis Freire. A seguir traballando. Un abrazo desde Bogotá.
    Luis Fernández López

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Parece que o Luis de Quiroga deixou boa semente de investigación científica. Noraboa aos catro chicos e un abrazo para o Luisito.

      Eliminar