O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 30 de novembro de 2013

Xornadas sobre incendios en Madrid

Os pasados 26 e 27 de novembro, un grupo de alumnado e profesorado do IES Carlos Casares desprazouse a San Fernando de Henares (Madrid) para participar nunhas xornadas sobre prevención de incendios forestais. Os profesores Luis Crende e Ovidio Villar incidiron na impotancia dunha metodoloxía directa na aula, que valore especialmente o aspecto vivencial. Pola súa banda, Daniel S., Lucía E. e Alicia B. presentaron un interesante traballo sobre a incidencia do factor desertización en montes queimados e sen queimar, experiencia que lles reportou o Primeiro Premio do Certame Luis Freire en 2012.

Durante a ponencia

Agradecementos para o Ministerio de Agricultura por facer ao IES Carlos Casares partícipe desta actividade, e en especial a Luis Llanos, do EPRIF Gudiña-Viana, con quen compartiremos outras moitas actividades neste curso.

O grupo xa de volta, nunha fria praza en Tordesillas

4 comentarios:

  1. Que alegría ver ese equipo de investigadores e investigadores e tamén ben acompañados por dous matemáticos. O voso traballo é moi bo e próximamente espero darvos algunha alegría relativa a él. Moito animo. Como vos dixen cando ganastes o premio Luis Freire o problema, mellor dito o reto, é que, quen gaña un premio así pode con todo e esperase de vos o máximo rendemento e aproveitamento no Bacharelato. Bo Nadal. Luis Fernández. Colombia

    ResponderEliminar
  2. Luis moitas gracias! por dirixir o traballo e axudarnos en todo. Foi unha experiencia única, a que lle estamos sacando moito proveito. Esperamos verte por aquí pronto. Unha aperta do grupo de incendios. Bo Nadal.

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias por vuestra participación fue una aportación muy enriquecedora, esperamos que sea una de las muchas actividades que podamos realizar conjuntamente. Un saludo y Bo Nadal! Luis Llanos (Técnico Prevención de Incendios Forestales, EPRIF del Ministerio de Medio Ambiente)

    ResponderEliminar
  4. Ha sido una experiencia muy enriquecedora y un auténtico placer compartir estas jornadadas con vosotros. Y, efectivamente, es sólo el principio. Feliz 2014. Transmite nuestros deseos a todo el equipo.
    Ovidio.

    ResponderEliminar