O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 23 de decembro de 2013

Voluntariado en Viana

Na xornada do venres 20 de decembro, última lectiva antes do parón navideño, o alumnado de Bacharelato asistiu a unha actividade que incide nun dos aspectos máis relevantes da formación dos futuros bachareles: o fomento da cidadanía crítica e a autonomía na toma de decisións cara a implicación do individuo na sociedade.


Por medio de tres institucións diferentes trazouse unha liña do que poden ser as tarefas de voluntariado destinadas ao noso alumnado. Manoli Romero, da Cruz Vermella, explicou en que consiste o programa de atención a terceira idade e á dependencia, que procura básicamente loitar contra a soidade dos nosos maiores por medio do acompañamento e a súa seguridade na saúde mediante o seguemento telefónico. Os Servizos Sociais do Concello vianés, a través de Isabel González, presentaron o programa de apoio educativo a alumnado de primaria e infantil, que trata de subsanar déficits educativos en entornos familiares con dificultades económicas ou doutro signo, e nas que o noso alumnado podería asumir labores docentes ou de "consello". Por último, Sinda Aguiar, da DXT en Ourense, plantexou a necesidade de establecer obradoiros de Educación Vial para os máis novos, nunha liña que xa o noso alumnado de Bacharelato estreou hai anos no ámbito, por exemplo, da Educación para o Consumo. Estas accións continuaron co apoio que o Grupo de Teatro Talia ten prestado a DXT en eventos divulgativos en Chaves ou na propia Viana. A charla, pois, tratou de activar a inquietude polo traballo social desinteresado. Agora o balón está no noso tellado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario