O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 14 de marzo de 2014

Actúa con coidados

Neste intre está tendo lugar no noso IES a continuación da campaña "Actúa con coidados" de InteRed. Concretamente, é o grupo de 4º de ESO quen vén desenvolvendo traballos referentes a dita campaña e quen hoxe debate sobre o tema priorizado en anteriores xuntanzas: a violencia de xénero. O reto que este grupo ten agora por diante é organizar unha campaña de sensibilización tanto para a comunidade educativa coma para o resto da bisbarra.

Alumnado de 4º de ESO con Paz Caínzos

Ningún comentario:

Publicar un comentario