O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 3 de abril de 2014

Ata sempre, Carmen

No día de onte, 2 de abril, recibimos a durísima noticia do pasamento de Carmen García Nieto, traballadora social do Concello de Viana do Bolo, e natural do veciño concello de A Mezquita. Tras unha longa enfermidade, Carmen déixanos un regueiro de lembranzas positivas no seu traballo a prol da educación na bisbarra.

Carmen, no centro, durante a recollida dun premio a un alumno do IES

Agólpanse agora na memoria moitas tardes nas que compartimos cursiños de formación, charlas sobre os problemas e dificultades no noso traballo cotiá, aos que Carmen enfrontaba sempre cun gran sentido do humor. Para os que xa levamos un tempo no centro e a coñeciamos ben é un forte golpe, do que só nos queda repoñernos co exemplo. Sei que desde Bogotá e Bermejo haberá tamén recordos para ela, e dende o IES Carlos Casares só nos resta sumarnos á dor da súa familia e enviarlles unha aforte aperta. Ata sempre, Carmen!

1 comentario:

  1. Ai, Querida Carmen, que sorpresa está mañá co correo de Carlos, que tristeza.
    Non tiña noticia da enfermidade e desapareces de súpeto. Moitas, moitas lembranzas, primeiro de traballo contigo e, logo, de amizade. Como Concelleiro de Viana do Bolo e, sobre todo, como director do IES Carlos Casares teño moitos, moitos recordos dunha muller forte, comprometida, que traballaba no que sabía, no que entendía, no que sentía e o que vivía. Isabel e os Servizos Sociais do Concello de Viana quedan sin un valor forte, pero permaneces co teu exemplo de forza e compromiso.
    Tardes con InteRed, con Amalia, intentando que un dos problemas básicos do rural galego, a desigualdade de xénero, fose tratado desde a Escola e desde o Concello. Un viaxe inolvidable a Santiago para que alguén que chegaches a querer desde o traballo, recibise un premio. Lembro perfectramente cando fixemos a foto que hoxe aparece no Choupín.
    Carmen, ata sempre. Aprendín moito contigo. Lémbrote. Foi un placer compartir un anaco de vida contigo.

    Luis Fernández López. Bogotá (Colombia)

    ResponderEliminar