Ovidio V. | Con dous meses de retraso ven a luz os carteis conmemorativos do 15 de marzo (Día Internacional do Consumidor). O alumnado de "Matemáticas Aplicadas ás CCSS I" leva tempo traballando nun proxecto no que se pretenden estudar obxectivamente as campañas de anuncios de xoguetes: tipos de xoguete, público ao que van destinadas, quen as narra... Agora por fin teñen as ferramentas necesarias para un completo estudo estadístico, así que neste intre comezan a saír á luz as primeiras conclusións, tiradas da análise duns 200 spots televisivos e de internet observados no pasado Nadal. As principais conclusións amósanse a continuación.
 |
Cartel alusivo ao público ao que se publicitan determinados xoguetes (Ángel, Aarón e Diego) |
 |
Estudo feito sobre se hai máis narradores ou narradoras (Victoria e Bruno) |
 |
Estudo realizado para comparar as porcentaxes de xoguetes estáticos e dinámicos (Miguel e Idoya) |
Parabéns ao alumnado participante neste proxecto, porque están a realizar un traballo serio, rigoroso e, francamente, necesario. Este traballo, enmarcado no programa Galicons-net (Plan Proxecta) presentarase ao resto do alumnado de 1º de Bacharelato en breve, incluíndo estas e outras interesantes conclusións que os datos vaian desprendendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario