O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 7 de xuño de 2015

Luces e sombras no deporte do centro

P. Cuervo | De forma resumida podemos dicir que pechamos o curso escolar cunha sensación agridoce; pasaron moitas cousas positivas e algunhas negativas. Comecemos polas positivas. O principal aspecto positivo foi a participación do alumnado nos campionatos deportivos. Esta participación reflíctese de forma clara no eido feminino. As nosas alumnas foron de quen de gañar a fase local de fútbol-sala na Gudiña. Ademáis é de subliñar a unión das mesmas de cara a acacar un obxectivo común.


En fútbol-sala os nosos cadetes clasificáronse para xogar a fase provincial, na que participaron como agrupación  deportiva Monterei xunto cos alumnos da Gudiña e repetiron o logro do ano pasado, ¡campións provinciais en cadete masculino!


O deporte máis sufrido foi a fase provincial de bádminton, onde participaron  máis de doce equipos, algúns deles clubes de bádminton como o Athlos. Ainda así o alumnado acadou un 4º, 5º e 6º posto en infantís masculino e un un 5º e 6º en cadetes masculino.

O deporte no que Viana do Bolo (o CEIP Bibei e o IES Carlos Casares) foi máis laureado foi o tenis de mesa. Neste sentido hai que suliñar que o alumnado vianés acadou os primeiros premios en tódalas categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete) tanto masculinas como femininas.

Tamén fomos suar a camiseta una vez máis a Tintores, levando un total de vinteún alumnos e alumnas.


Parabéns polos éxitos deportivos dende o centro. 

Pero tamén houbo sombras no deporte, aspectos negativos que dende o centro temos que denunciar coa intención de mellorar e evitar que se volvan producir. Estamos a falar do mal uso que ás veces se fai do material, neste caso concreto do deportivo. Pomos de exemplo as raquetas de tenis de mesa e de bádminton, material que é do centro e se cede ao alumnado para o seu uso.



Nestas fotos pódese apreciar o mal uso (a cara negra da raqueta de tenis está ademáis de rota, raiada). Tanta culpa ten quen descoida o material coma aquelas ou aqueles que co seu silencio non o critican, calan e tampouco avisan ao profesorado. De seguires así o centro non volverá prestar máis material. Como di o refrán, cada quen ten o que merece. Esperemos que o curso que ben esta situación cambie, para o que pedimos una maior implicación do alumnado e dos equipos de voluntariado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario