O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 22 de novembro de 2016

Visita a Galiciencia 2016

Marcos & Gabriel (3ºESO) e Joely, Angel, Adrián, Álvaro & Rubén (1ºBac). Hoxe 17 de novembro os grupos de 3º de ESO e 1º de bacharelato fomos a visitar Galiciencia, a maior feira das Ciencias de Galicia, a San Cibrao das Viñas. De camiño paramos a comer en Allariz. Ao chegar separáronnos en dous grupos: nun dos grupos os de 3º de ESO e no outro os de 1º de bacharelato.
Na carpa puidemos ver uns experimentos que facían alumnos doutros centros. De todos os que había o que máis nos gustou foi no que se cultivaban microorganismos nuns recipientes chamados placas Petri que conta con alimento para os microorganismos, o experimento consistía en poñelas en diversos lugares do seu instituto e logo observaban o tipo de microorganismos que crecía en cada unha delas. O experimento estivo moi ben e ademais déronnos unha placa para facelo na casa ou no noso instituto. Tamén vimos un experimento dun robot que se poñía nas clases que esquivaba obstáculos e que se os alumnos falaban moito avisaba ao profesor.



Tamén nos deron unha charla de “As matemáticas na natureza” onde un dos temas tratados foi a lei de Fibonacci e fixemos pompas de xabrón.
No salón de actos do Parque Tecnolóxico escoitamos outra charla tamén a cerca das matemáticas e a súa utilidade con exemplos prácticos do mundo que nos rodea. Centráronse na historia dos números, nas súas crenzas (666, o número do demo), na historia do xadrez que posúe un gran achegamento ás sucesións matemáticas, na estatística (co Manuscrito Voynich) e o bonito achegamento que sucede entre as matemáticas e a música (cun exemplo visual para observar a forma das ondas que que se xeran cos distintos xéneros musicais; todo isto provocado nun tubo denominado Tubo de Rubens).


Ao acabar marchamos cunha libreta e dúas piruletas e coa mente chea de cousas e experimentos aprendidos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario