Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. A xornada de onte pechou a II Semana da orientación cunha mesa redonda na que se analizaron as diferentes posibilidades do alumnado á hora de tomar unha decisión sobre o seu futuro. Un dos aspectos no que máis incidiron a maioría dos ponentes foi o grao de satisfacción que tal decisión poida garantir o día de mañá. Esta terceira xornada de ponencias, orientada de cara ás familias, foi clausurada polo presidente da ANPA, Pablo Guerra.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
xoves, 10 de febreiro de 2011
"Amigos de Informática" ten tirón
Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. Este club mola!. Cada vez son máis as persoas que se interesan pola reutilización e reciclaxe de equipos obsoletos. Desta vez foi Pablo Afonso Álvarez, de 4º ESO B (na imaxe), quen pasou a formar parte de "Amigos de Informática", grupo que, xunto aos coordinadores TICD do centro, xestiona os equipos informáticos antigos que hai neste. Na xornada de onte, o grupo seguiu traballando con componentes útiles, conseguindo que comecen a funcionar os primeiros equipos "híbridos", compostos de pezas reutilizadas.
mércores, 9 de febreiro de 2011
Museos Científicos Coruñeses MC²
Brais Seoane, Alejandro Villasante e José Manuel Martínez, A Coruña. O pasado venres 4 de febreiro o alumnado de 3º da ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo realizou unha viaxe temática á cidade de A Coruña. En primeiro lugar, visitaron o Acuarium Finisterrae, onde puideron ver varios tipos de peixes, focas, e incluso tiveron a oportunidade de falar cun buzo.
| Ver máis fotos |
A continuación, foron á Domus, onde xantaron e, a continuación, puideron estudar distintos aspectos de anatomía: articulacións, comparación do tamaño de corazóns de diferentes mamíferos...
Finalmente, visitaron a Casa das Ciencias e o seu Planetario, onde aproveitaron para traballar con varios trebellos científicos e ver unha proxección sobre o planeta Terra e o Universo.
martes, 8 de febreiro de 2011
II Semana da Orientación, xornada inaugural
Carlos Ferreiro González, Viana do Bolo. Hoxe luns, 7 de febreiro, foi inaugurada polo noso inspector de área, D. José Luis Vázquez, a II Semana de Orientación do IES Carlos Casares. A quenda desta xeira matinal estaba adicada ao alumnado de Bacharelato, e contamos coa presencia de profesorado das universidades de León, Vigo, Santiago de Compostela e Europea de Madrid. Pola tarde adicamos unhas breves charlas específicas sobre as carreiras de Xornalismo, Fisioterapia e Enxeñería Industrial... A preocupación polas PAU foi un dos indicadores recurrentes, aínda que o profesor Luis Hervella, da USC, tratou de "desmitificar" as probas lembrando que "o índice de aprobados rolda o 90 %".
sábado, 5 de febreiro de 2011
¡"A plena voz"!
Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo. ¡"A plena voz"!, o recén nacido blog do Coro de Viana do Bolo e A Gudiña bota a andar. Aínda en construción pero con moitas ganas de encherse de ideas e cantigas; botade unha ollada e colaborade coas vosas opinións, suxestións...
Podes entrar no blog dende este post ou dende o link da sección "NO NOSO IES..."
xoves, 3 de febreiro de 2011
Wiki para estudantes de inglés
Equipo de redacción O Choupín. Para participar nesta nova wiki para estudantes de inglés, non tedes máis que poñervos en contacto con Mercedes Garrido, profesora de inglés no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.http://wikienglishforspanishstudents.wikispaces.com/
Novo club no IES Carlos Casares
Miguel Robleda Jiménez, Viana do Bolo. O día 3 do mes de Febreiro de 2011 comeza a primeira reunión do club “Amigos de Informática”. Os alumnos-as, voluntarios, que inician son: Breixo Tomé (4º ESO B), Axel Romero (4º ESO B), Miguel Robleda (4º ESO B, e secretario do club) e Inés Ortega (1º BAC).
O traballo realizado neste día é:
1.- Escoller unha aula-obradoiro para realizar as tarefas (xestión co equipo directivo).
2.- Trasladar os equipos a ese aula.
3.- Ver as posibilidades dos equipos obsoletos de partida (16) para tratar de conseguir que funcionen.
martes, 1 de febreiro de 2011
Modelo de Parlamento Europeo
Manuela Enríquez Rodríguez, Viana do Bolo. Tres alumnos de primero de bachillerato viajarán los días 14, 15 y 16 de febrero a Oviedo (Asturias). Los trabajos realizados por Clara Ortega, Inés Ortega y Sergio García les permitirán visitar la Junta General del Principado de Asturias.
Sergio, Inés y Clara (respectivamente de izquierda a derecha en la imagen) actuarán como representantes de la delegación de Ourense en el programa 'Modelo de Parlamento Europeo', que promueve la Fundación San Patricio desde el año 1994. Su objetivo es familiarizar a los jóvenes con el funcionamiento de la Unión Europea y de un parlamento. Los participantes realizaron trabajos sobre temas preestablecidos (“El paro juvenil”, “¿Cómo alcanzar la igualdad laboral real entre hombres y mujeres” y “Productos agrícolas modificados genéticamente”).
Los mejores delegados serán seleccionados para la fase nacional, que se desarrollará en Madrid y que permitirá acceder a la final, en el Parlamento Europeo.
Sergio, Inés y Clara (respectivamente de izquierda a derecha en la imagen) actuarán como representantes de la delegación de Ourense en el programa 'Modelo de Parlamento Europeo', que promueve la Fundación San Patricio desde el año 1994. Su objetivo es familiarizar a los jóvenes con el funcionamiento de la Unión Europea y de un parlamento. Los participantes realizaron trabajos sobre temas preestablecidos (“El paro juvenil”, “¿Cómo alcanzar la igualdad laboral real entre hombres y mujeres” y “Productos agrícolas modificados genéticamente”).
Los mejores delegados serán seleccionados para la fase nacional, que se desarrollará en Madrid y que permitirá acceder a la final, en el Parlamento Europeo.
¿Onde estarán... os "chicOS do coro"?
Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo. Si, e digo chicOS, ¿por que? A estas alturas de curso, o coro escolar formado no IES Carlos Casares, conta cunha proporción de 1 rapaz fronte a 12 rapazas. ¿Como é isto...? A conclusión rápida sería pensar que os nenos do centro non teñen un especial gusto por cantar e as nenas si. Pero o tema non é tan simple. "Cantar é cousa de nenas" é unha afirmación semellante a "Os homes non choran" e "As mulleres non xogan ó fútbol".
¡Rapaces, rompamos con esas fronteiras sen sentido que a sociedade nos impón! ¡Rachémolas! Dentro de cada un de nós hai un cantante, un bailarín, un músic@, un artista, un deportista que está desexando expresarse. Dádelle voz, deixádeo cantar, ¡a música anima o espírito e enche o sentir! ¿Quen dixo que os homes non cantan?, cantan, bailan e soñan, igual que as mulleres, e á vez de distinta maneira. Por iso nos necesitamos os uns ós outros, para enriquecernos cos nosos diferentes modos de facer e ser.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


