Aquí está o programa do Encontro Galego de Educadores pola Paz, que este ano ten lugar na nosa localidade durante os días 26, 27 e 28 de abril.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
xoves, 25 de abril de 2013
luns, 22 de abril de 2013
Exposición de pintura
José F. | Exposición temporal itinerante de láminas e carteis de coñecidas obras
do museo do Prado na entrada do instituto. Obras de Velazquez, Durero,
El Bosco, Goya... que podemos desfrutar estes dias no IES e serven de
apoio ao desenvolvemento das competencias básicas. Colaboran os
departamentos de Debuxo e Historia. Proximamente viaxarán aos CEIP de
Viana e Vilariño de Conso, centros cos que se comeza un intercambio de
fondos de láminas de arte.
Debatendo sobre a crise
O pasado día 15 de abril tivo lugar no IES Carlos Casares unha interesante mesa redonda para profundar na actual crise económica, tanto nas súas orixes, consecuencias e posibles saídas, coma en aspectos cíclicos que poidan aparecer ao longo da historia. O público, alumnado de Bacharelato, animouse a participar e debater con Bieito Seivane e Federico Méndez (profesores de Xeografía e Historia), Clara Vizcaya (profesora de Economía) e Juan Carlos López e Octavio Seoane (representantes da banca), quedando con gañas de repetir noutra ocasión temática e formato.
sábado, 20 de abril de 2013
Hipertensión non, grazas
David P. | Como xa sabedes, o pasado luns 8 de abril celebramos o Día Mundial
da Saúde, adicado, neste ano, á hipertensión arterial (HTA).
venres, 19 de abril de 2013
Día do Pobo Xitano
O pasado 8 de abril conmemoramos o Día do Pobo Xitano, coa presenza na mesa de conferencias do IES Carlos Casares de Benjamín, Remedios e Antonio, integrantes da familia Jiménez Vargas, e excelentes representantes da súa etnia. Foi unha boa ocasión para achegarse máis a esta cultura e así podela valorar.
xoves, 11 de abril de 2013
Coida o que tes
Coida o que tes é un proxecto de divulgación sobre o coidado da nosa contorna, tanto no aspecto material coma no natural. Este traballo, levado a cabo polo alumnado de 4º de PDC do IES Carlos Casares, promove a xestión dos propios resíduos, primeiramente, co compromiso persoal de non tirar lixo e de observar se se tira e onde, para, a continuación, actuar a través dunha serie de actividades, como xogos interactivos, talleres de reciclaxe de papel ou ánimo a practicar as 3R mediante carteis que invitan a ser máis coidadosos co medio ambiente.
![]() |
Israel, Antonio e Bran no Bolo |
Pablo, Iván e Pedro na Gudiña |
![]() |
Jonathan, Jairo, Jenifer e Susana na Veiga |
No marco deste proxecto e da Campaña "Actúa con coidados" da ONG InteRed, os rapaces e rapazas de 4º A veñen de compartir estes valores en tres centros educativos próximos a Viana do Bolo, aos cales agradecemos o seu acollemento. Son os CEIP da Veiga e do Bolo e o CPI da Gudiña. Divididos en tres grupos, adicaron a mañá do pasado día 10 a traballar con nenos e nenas en materia de redución, reutilización e reciclaxe de resíduos (as 3R). Unha marabillosa experiencia, que todo o grupo, sen dúbida, agarda repetir. A ocasión, o próximo 23 de abril na Coruña, no edificio do CEIDA, organismo que seleccionou este traballo para participar no I Congreso ReAcción sobre a xestión do lixo.
Fai clic aquí para obter toda a información e novidades deste interesante proxecto.
Fai clic aquí para obter toda a información e novidades deste interesante proxecto.
martes, 9 de abril de 2013
Xovenes e Tráfico
Carlos F., Ovidio V. | O pasado 5 de abril tivo lugar no Carlos Casares, como cada ano, un interesante e importante obradoiro. Baixo o título de "Xóvenes e Tráfico", Sinda Aguiar e David Llorente, da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, achegaron ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato aspectos actuais sobre a lei de tráfico, mensaxes visuais sobre a incidencia do alcol na estrada e mesmo vídeos reais de accidentes que ben se podían ter evidados.
Dende o IES Carlos Casares agradecémosvos a labor de difusión que levades a cabo sobre un tema que, por moito que melloremos, segue a provocar a morte de demasiadas persoas na estrada.
luns, 8 de abril de 2013
Campo a través e futbiño
Pablo C. | O derradeiro día do trimestre pasado, o alumnado do
centro participou na fase local nun campionato de fútbol sala na Gudiña.
O equipo da Gudiña ganou ao noso centro na categoría cadete, e o IES
Carlos Casares gañou na categoría infantil. Grazas a todos por
participar.
Por outra banda, O alumnado de Viana participou nos campionatos de campo a través en tres fases de competicións: o equipo cadete masculino foi á fase local, onde participaron: Iago Macía, Jonathan Macía, Borja Monteagudo e Juan Bembibre. Este dous últimos foron á fase provivial, a Ourense, onde Juan Bembibre quedou 6º e clasificouse para o Campionato galego que se celebrou en Guitiriz. No campionato galego quedou de 25, clasificación que promete no seu primeiro ano como cadete. No campionato provincial participaron as cadetes: Irea Rodríguez Cañueto, Joëly Fernández Vuilly e Uxía Fernández Guerra. Na fase local, ademais dos citados, participou o alumnado de primeiro curso: Joëly Fernández Vuilly, Uxía Fernández Guerra e Diego Rodríguez Moya. No campionato provincial quedou primero na súa categoría o alumno Damián Anta, representando ao seu clube o A.D.A.S. Moitas gracias a este alumnado pola súa participación.
Ensinando primeiros auxilios ao profesorado
Pablo C. | O alumnado do ciclo impartiu un curso de primeiros auxilios para o profesorado do Carlos Casares o pasado día 28 de marzo.
O contido foi, fundamentalmente, a manobra RCP (reanimación cardiopulmonar). O profesorado recibiu instrucións e fixo prácticas sobre a RCP en distintas situacións: con adultos, con nenos, con lactantes e con afogados. Así mesmo o alumnado impartiu contidos de forma teórico-práctica relacionados con outras importantes situacións de emerxencia: manobra ante atragantamentos (Hemlich), afastar a persoas inconscientes de perigos como os incendios (manobra de Rautek) así como outras formas de desprazamento ante situacións de emerxencia. Moitas grazas a todos por participar no curso, tanto ao persoal docente como discente.
![]() |
Realización dunha manobra |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)