O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 30 de maio de 2011

Emotiva despedida a un amigo



"A toda la comunidad educativa del IES Carlos casares, y en especial a la familia de Richard. Conmocionada todavía por la noticia, recibid mi más sincero pésame y mi cariño en estos difíciles momentos. Saludos."

Verónica Herrera


"Acabo de ler a noticia... A verdade é que me enterei da súa desaparición no momento en que falastes diso o día da graduación de 2º de Bacharelato, e foi un lóstrego que me sacudiu o corazón. Dende ese día seguín a noticia e o domingo nos xornais vascos lin que aparecera... non o quito da cabeza, teño unha pena inmensa porque a vida o tratou moi inxustamente, e lémbrome del cunha claridade absoluta... o seu sorriso, a súa mirada pícara... era un bo neno... pobriño... Só espero que se hai algo máis aló, lle toque un mundo máis xusto..."

Ángeles Rodríguez Llamazares


"Eu simplemente quería dicir que Richard era unha excelente persoa e un tío moi divertido. Sempre que estabas con el facíate rir, en calquera situación. El sabía como sacarche un sorriso aínda que estiveras mal.

E para min non só era iso, era un amigo. Porque aínda co problema que el tiña eu entendíame perfectamente con el. E foi para min un reto ter un amigo xordomudo e poder ter esa capacidade para entendernos.

Non poido crer que lle tivera que pasar isto, porque era moi forte e moi valente. E sabía seguir adiante con calquera problema que tivera, e cun sorriso.

Ben, Richard, esteas onde esteas quero que saibas que te quero, e que nunca te olvidarei, nin eses momentos que pasei contigo, porque fuches moi bo amigo. E como ti me dixeches a última vez que falamos... extráñote moito!"

Teresa Rábano



ELEGIA A RAMÓN SIJÉ

(poema de Miguel Hernández, lido por María C. Varela)

(En Orihuela, su pueblo y el mío, se me ha
muerto como del rayo Ramón Sijé, con quien
tanto quería.)



Yo quiero ser llorando el hortelano
de la tierra que ocupas y estercolas,
compañero del alma, tan temprano.

Alimentando lluvias, caracoles
Y órganos mi dolor sin instrumento,
a las desalentadas amapolas

daré tu corazón por alimento.
Tanto dolor se agrupa en mi costado,
que por doler me duele hasta el aliento.

Un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal te ha derribado.

No hay extensión más grande que mi herida,
lloro mi desventura y sus conjuntos
y siento más tu muerte que mi vida.

Ando sobre rastrojos de difuntos,
y sin calor de nadie y sin consuelo
voy de mi corazón a mis asuntos.

Temprano levantó la muerte el vuelo,
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo.

No perdono a la muerte enamorada,
no perdono a la vida desatenta,
no perdono a la tierra ni a la nada.

En mis manos levanto una tormenta
de piedras, rayos y hachas estridentes
sedienta de catástrofe y hambrienta

Quiero escarbar la tierra con los dientes,
quiero apartar la tierra parte
a parte a dentelladas secas y calientes.

Quiero minar la tierra hasta encontrarte
y besarte la noble calavera
y desamordazarte y regresarte

Volverás a mi huerto y a mi higuera:
por los altos andamios de mis flores
pajareará tu alma colmenera

de angelicales ceras y labores.
Volverás al arrullo de las rejas
de los enamorados labradores.

Alegrarás la sombra de mis cejas,
y tu sangre se irá a cada lado
disputando tu novia y las abejas.

Tu corazón, ya terciopelo ajado,
llama a un campo de almendras espumosas
mi avariciosa voz de enamorado.

A las aladas almas de las rosas...
de almendro de nata te requiero,
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero.

domingo, 29 de maio de 2011

In Memorian

Loito no IES Carslos Casares de Viana por Richard Oliveira

Lamentablemente a noticia que se temía chegou. O mar devolveu o corpo de Richard Oliveira da Silva na mañá do sábado 28 de maio de 2011. Afogou o luns na praia de Zarauz, en Euskadi, cando se tiña desplazado alí desde Pamplona, onde vivía na actualidade. Richard naceu en Santos, unha cidade costeira de Sao Paulo, en Brasil. Compartiu con nós varios anos de estudo, na ESO, e no Programa de Cualificación Profesional Inicial. O último ano da ESO, Carolina  a súa interprete, axudouno a que a súa xordeira non fose un atranco e, co seu esforzo e superación, chegou á meta. Richard foi e será un membro recordado da comunidade educativa do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.


En sinal de loito as bandeiras exteriores do instituto ondearán a media asta durante catro días e, no interior, a súa bandeira brasileira acompañará a súa foto con crespón negro. O luns 30 de maio, ás 13:00, gardaremos un minuto de silencio en lembranza de Richard.

Descansa en paz e grazas por compartir con nós parte da túa vida.

Enlace de prensa: http://www.laregion.es/noticia/156199/aparece/cadaver/alumno/viana/

venres, 27 de maio de 2011

Sen fronteiras II

Vicedirección, IES. Hoxe, venres, 27 de maio, tivo lugar a presentación no IES Carlos Casares do volumen Sen Fronteiras II. Este libro, coordinado polos profesores Monserrat Ulloa e Carlos Ferreiro, está financiado por fondos Interreg III, da Unión Europea, e terá unha distribución ampla en diferentes bibliotecas públicas e universitarias de Galicia e Portugal.

Presentación de "Sen fronteiras II" na Aula Magna Xesús R. Jares

A obra contén diferentes experiencias de innovación educativa, recoñecidas, en diversas materias (bioloxía, literatura, matemáticas, educación para o desenvolvemento, educación para o consumo, teatro, etc) e que se levaron a cabo na Escola Secundaria Monte da Ola de Viana do Castelo (Portugal) e no IES Carlos Casares de Viana do Bolo-Ourense.

Link prensa: La Voz de Galicia.es

Entramos a concurso

O lipdub "I love rock'n roll" de 4º da ESO supera a 1ª preselección do concurso Olloboi

Ilda Luaces, Viana do Bolo. O lipdub realizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Carlos Casares superou a 1ª fase de selección para entrar no concurso Olloboi. Xa podedes velo na páxina de rodaxe: http://rodaxe.info/.

O lipdub "I love rock'n roll" en http://rodaxe.info/ (clic sobre a imaxe para ampliala)

Proximamente poderedes acceder á votación do público, o traballo audiovisual que reciba máis votos levará o premio do público. En canto empece a votación poñeremos enlace directo no Choupín, ¡estade atentos!

martes, 24 de maio de 2011

Moito máis que samba

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Durante as xornadas de hoxe 24 e mañá 25 de maio, temos a oportunidade moi especial no IES Carlos Casares de contar con tres invitados brasileiros que nos van a achegar dun xeito completo a unha panorámica da historia, cultura, música, desenvolvemento científico e industrial e ao cinema dese xigante do Cono Sur que é o Brasil.

Momento na aula de música (Fotografía: Ovidio Villar)
As actividades serán impartidas por Leandro Pereira, profesor na Universidade de Lisboa e Doutor pola Universidade de Sao Paulo, a psicóloga Mariluci Vieira, e o estudante de Historia da Universidade do Estado de Rio de Janeiro, Thiago Bastos.



Cun grupo nun corredor (Fotografía: Luis Calvo)
Xunto a Carlos Casares (Fotografía: Luis Calvo)
 
A actividade inicial tivo lugar na aula de Música para o alumnado de 4º da ESO, cun obradoiro sobre o "Panorama da música brasileira actual", na que se falou dos ritmos máis coñecidos do país carioca, samba, bossa nova, pero tamén do rock e pop actuais, da capoeira como disciplina deportivo-musical, e insistiuse na riqueza e na variedade das manifestacións culturais e musicais brasileiras, alén do tópico da samba e o Carnaval. Máis tarde, Thiago Bastos disertou, nas materias de Historia de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, sobre o tema: "Migracións de ida e volta". Por último, Leandro e Mariluci, organizaron unha dinámica para 1º e 2º de ESO acerca de "A lingua galego-portuguesa no Brasil", con referenzas a contos tradicionais infantís.

Na Aula Xesús R. Jares (Fotografías: Ovidio Villar)
O colofón a esta gama tan extensa de actos terá lugar mañá cunha charla para todo o centro, e aberta á comunidade cidadá de Viana, as 10 da mañá, titulada "Achegamento a Brasil: unha potencia emerxente", na que participarán os nosos tres expertos convidados, e culminaremos ás 12 horas coa proxección e coloquio sobre o filme brasileiro "Tropa de elite".

Probablemente sexa esta a actividade adicada a un país máis completa nos últimos cursos, polo que agradecemos o esforzo que os invitados fixeron por vir a coñecernos e difundir a cultura do seu país desde Lisboa e Jaén, respectivamente. Hoxe estamos máis cerca, pois, do Brasil e sabemos quie é moito máis que samba e fútbol.

sábado, 21 de maio de 2011

Brasil en Viana

Luis Fernández, Viana do Bolo. Grazas á colaboración dunha amiga do IES Carlos Casares, a profesora Erica da Silva Sarmiento, podemos ter dúas xornadas de aproximación á realidade do Brasil, da máxima categoría pola calidade dos docentes que nos visitan.

ampliar imaxe

¡Gran evento!: 1º Lipdub do IES Carlos Casares

Ilda Luaces, Viana do Bolo. O alumnado de 4º da ESO da optativa de Música, coa axuda como extras de algúns alumn@s de 1º de Bacharelato, realizaron un Lipdub empregando a canción "I love rock'n roll" (a versión realizada por Joan Jett & The Blackhearts no 1982) Despois de moitas semanas de traballo e ensaios, xa temos en Youtube o LIpdub rematado. Proximamente vaise inscribir no "III Concurso Audiovisual Galego Olloboi", e durante parte do mes de Xuño estará dispoñible para as votacións. Consta de 3 premios, entre eles o premio do público, no que conta o número de votos online que reciba cada vídeo, ¡así que fagamolo circular! En canto estea inscrito no Concurso poñeremos anuncio no Choupín e enlace directo á páxina de Rodaxe. E agora, desfrutade co noso Lipdub!


venres, 20 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

Montse Rey, Viana do Bolo. O pasado 13 de maio, festexamos no instituto o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano se lle dedicou ao poeta monfortino punk Lois Pereiro. Na primeira parte houbo representacións teatrais a cargo do alumnado de 2º e 3º de ESO. A continuación, puidemos escoitar o recitado de varios poemas do poeta homenaxeado, na voz de alumnos de 3º PDC e de 4º da ESO. Todo isto alternado con música en directo interpretada por Samuel Balboa, Pablo Sánchez e Breixo Tomé.

Como remate do acto, déronse a coñecer os gañadores do relato curto organizado polo ENDL e que foron os seguintes:

PRIMEIRO CICLO:

1º PREMIO: Tania Yáñez Rodríguez con “O amigo imaxinario”

2º PREMIO: Denis Pérez Salgado con “O ladrón de ovellas”

SEGUNDO CICLO:

1º PREMIO: Breixo Tomé Díaz por “A porta do ego”

2º PREMIO: Samuel Balboa Gómez por “Señor presidente”

BACHARELATO:

1º PREMIO: Susana García Pérez con “O meu lobo”

2º PREMIOS : Sergio García Álvarez e Inés Ortega Fernández por “A igrexa de Xares” e “A casa vermella”, respectivamente.

Desde os Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística -que foron os encargados da organización– queremos agradecer enormemente o traballo que fixeron todos os rapaces e rapazas, collendo tempo dos seus recreos, para poder sacar adiante a actividade. Tamén queremos agradecer a participación, que foi masiva, no concurso de relatos curtos e animar ós rapaces a continuar escribindo, xa que o nivel foi bastante notable.