O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 22 de febreiro de 2011

Modelo de Parlamento Europeo

Sergio García, Clara Ortega e Inés Ortega, Oviedo. O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de participar no concurso Modelo Parlamento Europeo. O concurso consiste, nunha primeira fase, en realizar un traballo sobre un dos catro temas propostos: O Paro Xuvenil, a Legalidade da Prostitución, os Organismos Transxénicos e a Igualdade Laboral. Se eres escollido, pasas a seguinte fase: a fase autonómica. No noso caso, esta realizouse en Oviedo (Asturias) durante os días 14, 15 e 16 de febreiro.

Na Sesión Autonómica de Asturias participamos 60 alumnos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, agrupados, en primeira instancia por delegacións (a nosa, a de Ourense, formada por nós mesmos e por Jairo Muraday, alumno do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña) compostas por catro alumnos, un con cada tema. Así mesmo, cada un de nós pertencía a unha comisión, composta por 15 alumnos de cada unha das delegacións asistentes. Estas comisións tiñan como principal obxetivo elaborar unha resolución, é dicir, un documento composto por propostas que se poderían realizar para acatar ou reducir o tema correspondente. As resolucións debían estar rematadas o día 15 ás 14h. Ese mesmo día pola tarde, reunímonos toda a delegación coa nosa profesora acompañante, Manuela Enríquez, para ler as resolucións de cada comisión, explicar os puntos dubidosos e, por qué non, ir comezando o debate!

O martes, despois da reunión por delegacións, era o turno de preparar as enmendas. As enmendas, por explicalo de algunha forma, son “queixas” contra algún puntou ou a totalidade de unha resolución. Estas enmendas podían ser á totalidade da resolución, ou simplemente parciales. Estas últimas consistían en modificar ou eliminar un único punto da resolución. Para poder presentala debías cumplimentar un formulario e recoller firmas dos delegados. Unha vez finalizadas as enmendas, a Presidencia escolle unha soa para cada resolución (aínda que se podía dar o caso de que para unha resolución non se escollese ningunha enmenda). Esta enmenda sería defendida e presentada o mércores durante a Asamblea Xeral, na Xunta Xeral do Principado de Asturias.
A Asamblea Xeral é o punto culminante do programa, e quizais o mais importante. En primeiro lugar, un representante de cada comisión le para toda a Asamblea a súa resolución. Despois da lectura ábrese un pequeño turno de preguntas aclaratorias sobre algún termo ou cláusula que non se entendera. Despois disto, de haber algunha enmenda en contra da resolución, a persoa que realizou a enmenda sae ó estrado e lee a súa enmenda, defendea, ábrese un turno de debate e realizase unha votación para aprobala ou non. De ser aprobada, cambiaríase a cláusula ou a totalidade da resolución.
Despois disto ábrese o tempo de debate, no que os delegados dialogan e discuten coa comisión sobre diversos puntos da resolución. Tras isto, un delegado realiza un discurso en contra de dita resolución, e, por último, outro representante da comisión lee un discurso final. Tras isto procédese á votación a favor ou en contra da resolución. Despois da enmenda ven o discurso en contra da resolución e por último o discurso final e a votación a favor ou en contra da resolución.

Unha vez finalizada a Asamblea Xeral, diversas autoridades, entre ellas a Presidenta da Asamblea Xeral do Principado de Asturias, leron un discurso, clausurando a I Sesión Autonómica do MEP.

As 19h montamos nun autobús cos nosos compañeiros do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia en dirección a casa (un viaxe un pouco accidentado), cansos, pero satisfeitos polo noso traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario