O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 31 de agosto de 2012

Reunión co presidente da Fundación Cipri Gomes

Esta semana tivo lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo unha reunión de presentación entre o instituto e a Fundación Cipri Gomes, que leva un tempo desenvolvendo proxectos do máximo intererese para o futuro de Viana do Bolo. Ciprinao Gomes Esteves, presidente da Fundación, explicou á secretaria e ao director do centro cales son os fins e liñas de actuación da entidade. Víronse posibilidades de colaboración no futuro e analizouse a posibilidade de que exista un centro de tecnificación deportiva no antigo instituto de Viana, hoxe utilidado pola Fundación. Moito ánimo, que será moi bo para todas e todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario