O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 6 de setembro de 2012

Emotiva despedida a Luis Fernández

Carlos Ferreiro | Existen ocasións na vida nas que resulta moi difícil falar ou escribir sen que a emoción desborde ou eclipse o meramente obxectivo. O pasado venres 31 de agosto foi un deses días. A comunidade educativa do IES Carlos Casares, representada por todos e cada un dos sectores que a formamos, nos reunimos no restaurante A nosa casa para homenaxear e dicir un "Ata pronto" ao noso compañeiro, amigo, profesor e Director nos últimos sete anos, Luis Fernández López.


Esta mañá, Luis leerá esta noticia xa como docente de Bioloxía do Instituto Español Reyes Católicos de Bogotá (Colombia). A enorme distancia física co país andino, non suporá un alonxamento nin un adeus a Viana, xa que dun xeito ou doutro, a colaboración e presencia de Luis con nós continuará, a través do proxecto de Irmanamento coa U.E. Timoteo Rondales de Bermejo (Bolivia), coas visitas ao instituto en cada periodo vacacional, etc. Os que fomos compañeiros, os que foron alumnos teus, os que dalgún xeito mantiveron contacto profesional e persoal contigo, a maior parte da cidadanía vianesa, souberon valorar o privilexio que supuxo traballar ao teu carón durante todo este tempo. Coas diferenzas de estilo inevitables en cada quen, todos seguiremos na nosa labor cotiá o teu exemplo, a túa senda, e ese sentido innegociable da responsabilidade que supón crer na educación pública como alicerce indispensable para construir unha sociedade máis xusta, que garanta o progreso social, económico e humano da nosa vila, bisbarra e país. Moitas grazas, Luis. Nunca quixemos decir "adeus". Tampouco "Ate pronto". Esta é a túa casa...

Galería de imaxes

2 comentarios:

  1. Os alumnos de 3ºA esperamos que volvas pronto a facernos unha visita

    ResponderEliminar
  2. No se si Luis Fernandez Lopez es el mismo que vino a Mexicali Baja California Mexico a un intercambio estudiantil de biologia, en el departamento de microbiologia, si asi fuera me encantari ponerme en contacto con el, si alguien pudiera darme alguna direccion donde comunicarme con el, se los agradeceria mucho mi correo electronico es ticha_trix@hotmail.com

    ResponderEliminar