O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Presentación de Ilustres en Viana do Bolo

O pasado venres 10 de xaneiro, presentouse na Casa da Cultura de Viana do Bolo o libro "Ilustres". No acto, presentado por Óscar López, fíxose un percorrido pola historia vianesa, como preludio á vivencia que supuxo, en mans e boca do propio autor Carlos X. Ares, escribir "Ilustres".

De esquerda a dereita: Carlos X. Ares (autor), Carlos Ferreiro (Director IES Carlos Casares)

Ao comezo, tomou a palabra o Director do IES Carlos Casares, Carlos Ferreiro, lembrando o Proxecto de Cooperación do centro vianés coa Unidade Educativa Timoteo Rondales de Bermejo, Santa Cruz (Bolivia) e a importancia de manter con vida este vínculo. E é que este foi un acto altruísta, no que se agasallou cun exemplar de Ilustres a cada persoa que aportou un donativo para que rapaces e rapazas bolivianas poidan continuar os seus estudos académicos. En palabras do propio Carlos Ferreiro, "agradecemos a Carlos Ares este fermoso agasallo que é a súa obra Ilustres, que fará que a educación en Bolivia siga sendo unha realidade para moitos mozos e mozas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario