O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 27 de decembro de 2010

Novas do clube de lectura "O Gato Samuel"

Luis Fernández, Quiroga. O Clube de Lectura "O Gato Samuel", do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, recibiu da Xunta de Galicia un aporte económico de 600 Euros cos que axudar nas actividades programadas polo profesorado implicado, que conta coa colaboración do poeta e secretario do "Circulo Poético Orensano" Jose Santos Guedes. A subvención foi concedida mediante resolución da Dirección Xereal de Centros e Innovación Educativa, de 22 de decembro de 2010.

Noraboa a todo o alumnado e profesorado que lle dá sentido ao clube, mediante as tertulias, os libros do trimestre, as viaxes a través da Literatura, os obradoiros de poesía e, en xeral, a práctica habitual da competencia lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario