O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 28 de decembro de 2010

Traballos en EPV

Ovidio Villar, Becerreá. O alumnado de 1º de ESO e o de 4º de ESO veñen de rematar, respectivamente, os traballos "Máscaras" e "Maquetas", realizados na asignatura EPV (Expresión Plástica e Visual) baixo a coordinación do profesor José Fouz. No caso das máscaras, son realizadas básicamente con papel de xornal endurecido, e reflicten os gustos e inquedanzas dos rapaces. E, no caso das maquetas, os rapaces e rapazas de 4º preséntannos reproducións de vivendas unifamiliares construídas a escala, sen pasar por alto detalles coma as placas solares, a cantería ou os lousados a varias augas. Fenomenal traballo. 

Ver fotos de "Máscaras"
Ver fotos de "Maquetas"

Ningún comentario:

Publicar un comentario