O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 21 de decembro de 2010

Consumo racional

CONSUME RESPONSABLEMENTE, SEN CREAR INXUSTIZA. BO NADAL.

O alumnado do ciclo formativo de atención sociosanitaria do IES Carlos Casares de Viana, traballando os contidos do módulo de apoio domiciliario, aprenden a  importancia da xestión das economías domésticas mediante a racionalización do consumo.


Teñen realizado un mural coa intención de sensibilizar ao resto da comunidade educativa de cara a súa posición coma consumidores nun mundo globalizado e, especialmente, de cara as datas festivas de nadal, caracterizadas polo exceso de consumo. Nos días previos ao Nadal expoñen o seu traballo na cafetería do instituto. Estades todos e todas invitados a visitalo.

Por Adrián López

Ningún comentario:

Publicar un comentario