O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 2 de xuño de 2011

Visita á ESAD e ó CMUS de Vigo

Ilda Luaces, Vigo. O pasado mércores 25 de Maio, alumnado pertencente a cursos desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, acompañados polas profesoras Liliana, María e Ilda, realizaron unha excursión a Vigo para visitar a Escola Superior de Arte Dramático e o Conservatorio Profesional de Música.

Diante da ESAD
Pola mañá, na ESAD, o alumnado participou en diversos talleres de Dramaturxia, Expresión Corporal e Dirección, impartidos por profesorado do centro, cos cales puideron achegarse un pouco máis a diferentes ámbitos do Arte Dramático. 


Á tarde, asistiron a un taller de canto impartido polo profesor de coro do Conservatorio, Ángel, e a continuación presenciaron un ensaio co coro do Conservatorio.

No CMUS
(Clic sobre as imaxes para amplialas)
(Clic aquí para ver a galería completa de imaxes)

Ningún comentario:

Publicar un comentario