O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 7 de xullo de 2012

Cita en Barcelona co consumo responsable

Nesta mañá do sábado 7 de xullo, Carlos Ferreiro, Vicedirector do IES Carlos Casares participou como ponente na cidade de Barcelona, no marco das Xornadas de Intercambio de Experiencias Incorporación da Educación para o Desenvolvemento na Educación Formal. O título da experiencia relatada por Carlos foi “Consumiendo en un mundo desigual”, no que se presentou a Unidade Didáctica elaborada por profesorado do noso centro, da U.E. Timoteo Rondales de Bermejo, e do Instituto Bilingüe Rosalía de Castro, de Moscú, co apoio da Escola Galega de Consumo.



Incidiuse no aspecto de que a Educación para a Solidariedade, a Cooperación e o Consumo Responsable deben xurdir cunha vocación práctica e vivencial co alumnado, e non quedar nunha mensaxe teórica. Lembramos que a unidade didáctica pretende lograr a reflexión sobre os múltiples mundos que existen no planeta, e como cara a unha idea de cidadanía global, temos que considerar que a solución dos problemas de calquera parte do mundo incumben a tódolos demais. Ademáis, foi moi recoñecido polos asistentes a vocación de “Consumiendo en un mundo desigual” de converterse nun instrumento que busca a educación por competencias, por encima da escravitude dos contidos curriculares formais. Foron tres días de compañerismo, sesións intensas e aprendizaxe na cidade condal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario