O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 30 de xullo de 2012

Viaxe ás Cíes co Quero Máis

Os días 3, 4 e 5 de xullo de 2012, un grupo de alumnas e alumnos de 4º de ESO e do programa de atención á diversidade cara a excelencia "Quero Máis", do Contrato-Programa, viaxaron ao Parque Natural das Ilas Atlánticas (Illas Cies), acompañados polos profesores Luis Felipe Crende, Luis Fernández, Carlos Ferreiro e Pablo Cuervo. Tamén nos acompañou o técnico en actividades físicas e deportivas, Alexandre Crende, que organizou diversas actividades de lecer na praia, que nos fixeron desfrutar xuntos.  Tamén compartiron as xornadas con nós, dous amigos do instituto de Viana, Gael e  Lucía, que foron uns estupendos fotógrafos, e que ahora nos permiten ver algunhas das actividades realizadas e das maravillas das Illas Cíes.


Foron días para achegarnos a riqueza natural e paisaxística do parque, de coñecemento da fauna e flora, de aproximación a vida de campamento, de literatura, de estrelas e de cooperación e amizade. Algún día choveu, pero non impediu que disfrutaramos da praia e da totalidade das rutas existentes no parque e, incluso, que rematáramos cunha deliciosa paella de productos do mar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario