 |
Kristina Berg |
O IES Carlos Casares de Viana do Bolo, estando hoxe de visita na fundación do escritor galego, soubo do pasamento de Kristina Berg, esposa de Casares. O IES Vianés manifesta o seu pesar con tres días de loito coas bandeiras a media asta.
Autora de varios libros para o público infantil, Kristina Berg foi unha das poucas escritoras en lingua galega de orixe sueca. Dende 2003 presidiu a fundación Carlos Casares, en Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario