O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 15 de xaneiro de 2013

Compartindo xeitos de facer Mediación

Onte, 14 de xaneiro, o noso centro puido compartir experiencias cun Grupo de Traballo formado por unha ducia de compañeiras e compañeiros do IES Alfonso X O Sabio de Cambre (A Coruña). Susana Fernández e Carlos Ferreiro, en representación do Equipo de Convivencia e Mediación do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, impartiron unha sesión formativa no centro coruñés, no que acabou por ser unha valoración xeral de diferentes xeitos de artellar a Mediación dentro dun centro educativo. O IES Alfonso X O Sabio acumula xa uns sete anos de bagaxe nestas actividades, e ademais recibiu formación nesa temática de mans dos nosos mestres do IES de La Robla (León). Resultou unha tarde tremendamente enriquecedora, nun clima relaxado, agradable, no que coincidimos na necesidade de apostar polo diálogo e a resolución negociada de conflictos, por riba da aplicación estricta dos regulamentos.

Profesorado do Alfonso X e do Carlos Casares

Ningún comentario:

Publicar un comentario