O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 25 de xaneiro de 2013

Cebras no instituto...

David P. | Pero non vos asustedes, non se trata do cuadrúpedo da familia dos cabalos senón do peixe cebra (Danio rerio). Dende o pasado venres temos, no laboratorio de Bioloxía, un acuario cunha ducia destes peixes tropicais. O motivo é que o noso instituto, xunto con outros 20 centros de toda Galicia, está a participar no programa "Una cebra en el agua", desenvolvido polo grupo Acuigen do Departamento de Xenética da USC (Campus de Lugo). Alumnos de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato encargaranse, durante os próximos meses, do coidado destes organismos modelo, e tratarán de realizar cruzamentos e analizarán os resultados.


Nos vindeiros días aproveitaremos para levar a todos os grupos ao laboratorio, e así coñecer algo máis destes peixiños. O resto da comunidade educativa estades invitados a facerlles unha visita cando gustedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario