O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 25 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles 2014

A próxima semana 25 alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Carlos Casares de Viana acompañados polos profes Jose e Monse imos realizar unha estadía no Centro de Educación Ambiental (CEAM) en Viérnoles (Cantabria).

Serán 5 días ode convivieremos con outros 25 alumnos e alumnas e dous profes do IES San José de Cortegana (Huelva).


Entre as múltiples actividades que nos teñen programadas están: a visita á réplica da cova de Altamira, un rallie fotográfico por Santillana del Mar, rutas polo Monte Dobra, polos Parques Naturais das Dunas de Liencres e do Saja-Besaya e pola bahía de Santander, un paseo en barco a Pedreña/Somo, a visita ao Museo Marítimo do Cantábrico (MMC), talleres de inglés, simulación, folla e árbores, taller do río...

Tamén teremos tempo para xogar, ver cine, presentar o noso centro e a noso entorno e costumes aos nosos compañeiros por unha semana. E a última noite... festa para despedirnos.

Todos os días un grupo de rapaces enviará unha crónica ao Choupín.


1 comentario:

  1. Actividades coma esta non deben faltar nun ensino de calidade. Boa viaxe!

    ResponderEliminar