O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 30 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles, día 3

Tomé e Iago G. | O terceiro día comezou compartindo no almorzo cos nosos amigos de Cortegana a bica que trouxemos. Hoxe estivemos todo o día fóra. Pola mañá fomos ao Parque Natural das Dunas de Liencres na desembocadura do río Pas onde nos explicaron os tipos de dunas que hai e a vexetación deste ecosistema con exemplos de plantas autóctona, alóctona, endémica, invasora.

Rematamos a mañá cun paseo pola praia buscando cunchas e mollando os pés.

A seguinte parada foi Santander, no parque que rodea ao Palacio da Magdalena comimos e vimos un minizoo onde había leóns mariños, focas e pingüíns e logo fomos ao Museo Marítimos do Cantábrico (MMC), a entrada do mesmo destacan 2 grandes esqueletos que colgan do teito o dun rorcual (cetáceo con barbas) e dun cachalote (cetáeo con dentes) e despois vimos moitas variedades de animais no acuario: tiburóns, raias, róbalizas, peixes rocha, estrelas de mar de dous tipos (algunha que estaba rexenerando o seu brazo), coral amarelo, tomate de mar, anémona sobre un cangrexo ermitán (exemplo de inquilinismo que estudiamos en clase de Ciencias)...No museo tamén vimos unha peculiar sardiña que tiña cabezas e un calamar xigante.


De seguido paseamos cara o embarcadoiro a coller o barco que cruzou a bahía xa de noite e nos levou ata Somo onde nos estaba esperando o bus para traernos de regreso ao CEAm.


Na cea tivemos a oportunidade de saborear a paletilla ibérica que viaxou desde Cortegana para saborear os dous centros como parte do intercambio. O día rematámolo vendo a película “Entre lobos”. E xa pasou un día máis...

Ningún comentario:

Publicar un comentario