O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 29 de outubro de 2014

CEAM Viérnoles, día 2

Alba L. | O noso segundo día en Viérnoles comezou con tres talleres pola mañá: un onde aprendimos a identificar árbores polas súas follas, outro no que descubimos que é un fractal e exemplos que podemos atopar na natureza (unha folerpa de neve, as árbores, o noso sistema circularorio...) e outro onde aprendimos a identificar bioindicadores (macroinvertebrados) para determinar a calidade da auga dun regato que pasa polo CEAm.


Xa pola tarde fomos a ver o museo de Altamira onde nos ensinaron a Neocueva que é unha replica das famosas covas de Altamira que para a súa conservación están pechadas ao público, nela nos ensinaron obxectos que usaban os nosos antepasados, e as pinturas que realizaban no teito das covas (material e técnica empregado, animais representados como bisontes, cabalos...). Despois fomos a Santillana del Mar onde fixemos un Rally fotográfico, un xogo onde había que ir visitando edificios importantes e casa peculiares (con escudo) e logo resolver unhas preguntas; ao rematar deixáronnos un pouco de tempo para ir comprar algún recordo.


Despois de cear tocaba presentar os nosos centros e localidades. Puidemos comprobar que temos algunha cousas en común como a matanza dos cerdos (“guarros” como se chaman na zona de Cortegana) e o feito que o Entroido/Carnaval sexa unha das festas máis importantes. Descubrimos tamén a cantidade de obxectos que se poden fabricar con corcho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario