O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de maio de 2015

Moito máis que contidos...

Na pasada fin de semana, do 24 ao 26 de abril, o IES Carlos Casares estivo representado por medio do seu director, Carlos Ferreiro, no V Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo, que se celebrou en Guadarrama (Madrid).


Baixo o lema deste ano, "Dejando huella", prestouse especial atención aos proxectos de desenvolvemento que potencian a igualdade de xénero e a dignificación da muller. Lembramos que na nosa colaboración con Bermejo-Bolivia, establecemos un acordo de apoio a cooperativas de mulleres, que manufacturan productos artesanais, (gorros e bufandas que logo o noso alumnado voluntario e cooperantes externos nos axudan a vender).


O domingo pola maña tivemos tamen a honra de ser convidados a unha mesa redonda sobre xénero, con varias expertas a nivel nacional. As xornadas déronnos un pulo para afianzarnos na senda educativa do noso centro; integrar a loita contra a violencia sobre a muller, a solidariedade mediante o voluntariado ou a cooperación, a educación afectivo-sexual ou a aprendizaxe por proyectos son a alternativa aos perigos da competitividade que a sociedade transmite a rapazas e rapaces, ou a "mercantilizacion" da escola. As múltiples e variadas actividades do centro, dentro e fora do instituto, fanse polo tanto, non so convenientes senón imprescindibles.

Gustaríame rematar a crónica coa reflexión do pedagogo madrileño Miguel Ardanaz: "Os contidos son como moito, un elemento de partida, entre outros, pero non un punto de chegada"

Ningún comentario:

Publicar un comentario