O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de maio de 2015

Visita á cidade amurallada de Lugo

Javier F., Joëly Fernández | O pasado xoves 23 de abril, o alumnado de 3º e 4º da Eso visitamos a cidade de Lucus Augusti. Foi unha visita interesante culturalmente.

Imaxes: Carmen S.

Primeiro fixemos un percorrido pola Muralla lucense, que foi incluida no ano 2000 na lista de monumentos que son Patrimonio da Humanidade. É a muralla romana con maior perímetro fortificado conservado do mundo. Non se pode concebir Lugo sen o seu cinturón de 2200 m. de perímetro, con entre 8 e 12 metros de altura e entre 4 e 7 de ancho.

A continuación, a nosa guía dirixiunos ata a Catedral. En relación con este monumento, hai que dicir que Lugo tamén é coñecida como a Cidade do Sacramento. A catedral foi construida a partir de 1129 en varios estilos: Románico, Gótico, Renacentista e Barroco; ten planta de cruz latina e destaca moito a sua porta norte de estilo románico baixo un pórtico gótico.


Ao rematar a visita á Catedral, dirixímonos á Casa dos Mosaicos. O que máis nos impactou desta parte da viaxe foi o método de quentamento por baixo do piso, denominado hipocausto, e tamén a impresionante exposición de mosaicos e pinturas descubertas no ano 1999.


Antes de comer, a última parada foi nunha praza onde se celebran as festas de San Froilán, en honor ao bispo amigo dos lobos. Tamén nese lugar, a principios do verán, temos as festas do Arde Lucus, en que os lucenses lembran o seu pasado romano e saen ás ruas con vestimentas de época para festexar a chegada da estación estival

Ningún comentario:

Publicar un comentario