 |
Irea, nunha das múltiples actividades nas que participa |
C. Ferreiro | A nosa alumna de 4º de ESO, Irea Rodríguez Cañueto resultou galardonada cun áccesit no
I Certame de relato breve María Varela. O xurado considerou outorgar ese premio "pola orixinalidade
do estilo, que por veces se achega a prosa poética". Tras a lectura do
texto só podo engadir que me parece unha fermosísima reflexión sobre a
vida e a literatura, e que nos fai reflexionar sobre os concepctos de
creatividade e liberdade. Luis Cernuda falaba do amor como "El instante
desmesurado, el único capaz de arrancarnos al Tiempo". Irea transmite no
relato a idea de que a creación literaria é tamén un espazo de
liberación e de afirmación.
Moitas felicidades Irea, e a seguir sendo unha "letraferida"...
Ningún comentario:
Publicar un comentario