Esta semana tivo lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo unha reunión de presentación entre o instituto e a Fundación Cipri Gomes,
que leva un tempo desenvolvendo proxectos do máximo intererese para o
futuro de Viana do Bolo. Ciprinao Gomes Esteves, presidente da
Fundación, explicou á secretaria e ao director do centro cales son os
fins e liñas de actuación da entidade. Víronse posibilidades de
colaboración no futuro e analizouse a posibilidade de que exista un
centro de tecnificación deportiva no antigo instituto de Viana, hoxe
utilidado pola Fundación. Moito ánimo, que será moi bo para todas e
todos.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
venres, 31 de agosto de 2012
venres, 17 de agosto de 2012
Parabéns do Conselleiro
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús
Vázquez Abad, vén de dirixirse ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo
para felicitar á comunidade educativa por ter resultado finalista no
Premio á Acción Maxistral 2012 pola comunidade de Galicia. A fase final
terá lugar en setembro.
sábado, 4 de agosto de 2012
O IES Carlos Casares finalista no Premio á Acción Maxistral
luns, 30 de xullo de 2012
Viaxe ás Cíes co Quero Máis
Os días 3, 4 e 5 de xullo de 2012, un grupo de alumnas e
alumnos de 4º de ESO e do programa de atención á diversidade cara a
excelencia "Quero Máis", do Contrato-Programa, viaxaron ao
Parque Natural das Ilas Atlánticas (Illas Cies), acompañados polos
profesores Luis Felipe Crende, Luis Fernández, Carlos Ferreiro e Pablo
Cuervo. Tamén nos acompañou o técnico en actividades físicas e
deportivas, Alexandre Crende, que organizou diversas actividades de
lecer na praia, que nos fixeron desfrutar xuntos. Tamén compartiron as
xornadas con nós, dous amigos do instituto de Viana, Gael e Lucía, que
foron uns estupendos fotógrafos, e que ahora nos permiten ver algunhas
das actividades realizadas e das maravillas das Illas Cíes.
Foron días para achegarnos a riqueza natural e paisaxística do parque, de coñecemento da fauna e flora, de aproximación a vida de campamento, de literatura, de estrelas e de cooperación e amizade. Algún día choveu, pero non impediu que disfrutaramos da praia e da totalidade das rutas existentes no parque e, incluso, que rematáramos cunha deliciosa paella de productos do mar.
Formación complementaria en inglés na ESO para o vindeiro curso
Segundo a Resolución provisional de 16 de xullo de 2002, da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o
IES Carlos Casares de Viana do Bolo, contará no curso 2012-13, co
programa de formación complementaria en inglés (Programa CUALE). No
curso pasado desenvolveuse en Bacharelato e, no vindeiro curso,
desenvolverase na ESO.
venres, 13 de xullo de 2012
Bachareles 2011-12
O pasado día 14 de xuño de 2012, á tardiña, tivo lugar o acto académico de
despedida do alumnado que cursou 2º de Bacharelato, logo de ter pasado
as probas de acceso á universidade. Coma sempre foi un acto entrañable onde nos xuntamos alumnado,
familias, profesorado actual e antigo e amigos e amigas dos novos e
novas Bachareles. Ademáis, en representación do Concello, acompañounos o
concelleiro Francisco Aragón, membro do Consello Escolar.
O acto foi presidido polo titor de 2º de Bacharelato que, ademais,
pronunciou a lección de despedida, Telmo de Paz, a directora do CEIP
Bibei, María Luisa Atanes e polo director do IES Carlos Casares, Luis
Fernández.
xoves, 12 de xullo de 2012
Nota de agradecemento da Fundación Carlos Casares
Recibide o agradecemento da familia Casares Berg e da Fundación Carlos
Casares polas cariñosas palabras dedicadas a Kristina Berg na revista
Choupín e polo forte sentimento de pesar que está detrás da declaración
dos tres días de loito no instituto. Recíbeo como amigo e como director
do IES, e por favor faino extensivo a todo o Claustro e cadro de
persoal do centro.
Gustavo Adolfo Garrido
Director- Xerente da Fundación Carlos Casares
Gustavo Adolfo Garrido
Director- Xerente da Fundación Carlos Casares
domingo, 8 de xullo de 2012
Encontro en Madrid cara unha cidanía global

sábado, 7 de xullo de 2012
Cita en Barcelona co consumo responsable
Nesta mañá do sábado 7 de xullo,
Carlos Ferreiro, Vicedirector do IES Carlos Casares participou como
ponente na cidade de Barcelona, no marco das Xornadas de Intercambio
de Experiencias Incorporación da Educación para o Desenvolvemento
na Educación Formal. O título da experiencia relatada por Carlos
foi “Consumiendo en un mundo desigual”, no que se presentou a
Unidade Didáctica elaborada por profesorado do noso centro, da U.E.
Timoteo Rondales de Bermejo, e do Instituto Bilingüe Rosalía de
Castro, de Moscú, co apoio da Escola Galega de Consumo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)